Inflamable

by Samuel L. París

/
  • Streaming + Download

     

1.
03:07
2.
00:23
3.
01:44
4.
5.
00:21
6.
00:12
7.
00:36
8.

about

Textos do libro de Samuel L. París "Inflamable" (Ed. Positivas, 2012).

pararaparis.wordpress.com

credits

released September 6, 2012

Samuel L. París: voz, baixo e percusións.
Mon Terbutalino: coros, guitarras, batería.

tags

license

about

Samuel L. París Galicia, Spain

—Parará, papá?
—Parará, París.

contact / help

Contact Samuel L. París

Streaming and
Download help

Track Name: Montelouro
Até que Montelouro teña, finalmente, un pezón en condicións e até que atinen a nos dicir porque é que somos a xeración mellor preparada da historia. E agardan que creamos na política como eles confiaban en deus.

Até que Montelouro sexa un verdadeiro peito e a nosa matria nos aperte as dedas dos pés e os pequenos volvan a xogar coas xogas. Decrecer entredentro de nós sen as miradas, sen o coche no taller, sen domiciliar as facturas da luz (xallas). Non sabemos que hora é no paraíso, mais pillamos medio pollo para esta noite. Esta noite si.

Até que Montelouro se erixa na mama dos que rexeitaron xuntar as mans no día de xuntar as mans. Café para espertar. Pastillas para durmir. Espertador. Sesta. Durmir. Cama nova do trinque. Colchón de látex con condón de látex rachado. Pastillas para non ser a nai que algún día che dixeron que tiñas que ser. Non traiamos máis xente o mundo. Jesús Gil e Jim Morrison estiveron aquí, mais agora calquera de nós podería cuspir sobre eles. Non hai opción.

Até que Montelouro desapareza na primavera tal e como desaparecen sempre as boas historias. Somos monógamos, somos promiscuos, temos un corazón que non nos colle no peito, non temos cor, non temos nación á que agardar se a choiva nos colle descalzos na mañá. Somos todo o que non lembraremos dunha fotografía. As cores todas coas formas todas.

Até que Montelouro nos vomite (oxalá!) enriba a primavera que tramaron as luras e as caramuxas en rigorosa reunión sindical. Venderiamos o mar a calquera por medio pollo para esta noite. Esta noite tamén. E nós somos o mar. Non temos prezo, manda carallo.

Até que Montelouro pille connosco e até que os funcionarios se pinten os ollos de amarelo e finxan ser toxiños. Non hai cemento que poida deter a primavera. Non hai cemento suficiente no universo, nin na falta de coherencia, para deter a primavera. Esta primavera non.

Até que Montelouro se abandone á sorte do mar e sexa a muller que queira ser. Que non sexa nai, que non sexa golpeada, que non teña nada que aturar. Que sexa o orgullo das mulleres todas, concentrado e viaxante no mar inmenso. Que Montelouro recoñeza que abonda xa de tanta terra que non presta. Que teña salitre no bico da cona como a insubordinación última de quen se sabe dona dunha aperta atlántica.

Até que todo isto sexa. Até que a primavera se rache no mar e o argazo saiba a empanada de rinchóns ou a chocolate. Até que Montelouro nos mire coa mesma cara de papahostias coa que nós o miramos cando xa imos entrando en Esteiro. Até que todo isto sexa, xusto até entón, continuaremos a manternos lonxe de deus e disturbados.

Continuaremos esvarando.

Tiñas plans?

Agárrate.
Track Name: Poeta
agora son un poeta
agora non o son
agora son un poeta
agora non o son
agora compro un iphone
Track Name: Muller
muller ti falábasme de palabras como ALARIDO e CHILLIDO e eu dicía YEAH non era por ser de menos que eu non che facía de menos non tiñas para CHINELAS novas novas do trinque AQUÍ hai oitocentas panteras metidas nun bote de mostaza EU quería quererte querer e tiña un taboleiro de CORTIZA debaixo das pelotas e fun á perrucaría e ti falábasme de palabras como BARULLO e ALARMA e eu claro non embutía tanta sonoridade no meu templo e tiña cinco romaneses recebando o altar mentres ABRAMOVICH calcetaba axóuxeres e ti viñas da cidade da cultura coas bragas polos nocellos e eu comentábao nas diferentes redes asociais nas que me deixabas andar e anda e anda e acabei entendendo por que ti me falabas de palabras como CRIME e XUSTIFICACIÓN e non sabías que tiñas que acentuar para seres feliz e VIVÍAS noutro lado e erguíaste como se erguen os pobos extraterrestres e non tiñas para unha HUSQVARNA e mercaches a desbrosadora no MERCADONA e agora penso que te fuches e ai cando penso que te fuches fago FURADOS no pladur só con tres dioptrías e teño redobres de bombo agardando nos centímetros de pel que arrodean o embigo e tamén me falabas de palabras como FALADURÍAS e ao mellor algún día podes ser feliz pero até entón TEREMOS carballos nas unllas das dedas e ti tamén me falabas de que ti eras unha CASCUDA e que tiñas SEIS patas e que por cada pata tiñas un CORAZÓN que latexaba e latexaba e mirabas dende o fondo do comedor do colexio cómo era que sentías que estabas viva ou que eras feliz e que pertencías a unha agramaticalidade tan caralluda como o sexo FEMININO e punta punta tacón...
Track Name: Pouco ou nada
na literatura galega da primeira metade do XX
non se fala case nada
do salpicón de marisco
Track Name: Bonito
dime algo bonito




















atún
Track Name: Amor
se o amor ten bijote
é unha foca
Track Name: Útero
non podía ter fillos







e mercou un can







meteuno no útero







e finxiu un parto























foi lamentable
Track Name: Gallegos de mierda
galiza hedonista
galiza un debate
de váter imos e debate temos
cagamos na historia
galiza peidonista
cagamos por fóra e dicimos que foi o prestige
galiza es mi váter
galiza feijoísta
galiza tes dous nomes e non te aturas a ti mesma
galiza vives nunha resaca da que nunca houbo
borracheira
gallegos de mierda
tratade ben os galegos
gallegos de mierda
decreto del gallego
por el recto todo erecto
decreto del castellano
todo recto por el ano
gallegos de mierda
pórtico da gloria lago
lagoniadelidiomanacional
pórtico da gloria lago
lagochás-y-me-cargo-el-dialecto
pórtico da gloria lago
lagorafobia de vernos falando ben alto
gallegos de mierda
y non haberá problemas luego para andar con estas cosas?
y cuando vas por el mundo adelante?
y a mí me gusta
pero no lo uso que asusta
gallegos de mierda
gallegos la imposición
imposición harmonicastellanizante
imposición así no nos entra
e así vos entre nas entrañas
desa hespaña áceda
e seca
gallegos de mierda
que falan de liberdade uns trinta anos tarde

na vosa lingua
váyanse al carajo
gallegos de mierda
que aquí
aquí hai un pobo digno